A Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial na Universidade de Vigo acollerá o día 23 de maio entre as 16.00 e as 18.30 horas a reunión técnica ‘O DCS e a súa evolución cára a Industria 4.0’. A entrada é libre e gratuíta. O encontro está coordinado por Ricardo Fernández (EMERSON), vogal de Actividades de ISA España e Marta Trueba (ATI), vogal de ISA España en Galicia.

Nesta xornada falarase sobre a interacción entre software e hardware, a aparición de novos materiais, o desenvolvemento de sistemas operativos máis potentes, o deseño de procesos máis eficientes e a dixitalización dos procesos e servizos que están a xestar o nacemento dunha Industria 4.0 que terá unha repercusión real na sociedade. Só aqueles que acaden uns produtos customizados e que reduzan os tempos de producción, coa máxima eficiencia nas súas prantas, serán quen de ser máis competitivos. A solución está na unión do mundo real e virtual; é dicir, da Industria 4.0.

A través desta xornada informativa, explicarase como unha tecnoloxía suficientemente probada e adoptada coma o DCS se adapta e se integra. Ademais de aportar datos sobre a historia do DCS e a súas aplicacións, tamén se falará sobre outras opcións: DCS vs. PLC+SCADA.

A sesión dará comezo ás 16.00 horas coa intervención de Fernando Trucharte, responsable de Soluciones de Automatización de Siemens. Esta primeira parte da reunión ten como obxectivo realizar un breve repaso á historia do DCS, así coma a súa evolución a través do tempo e dar a entender as principais diferencias entre solucións PLC+SCADA e solucións DCS. A continuación, falarase sobre como entender o rol do DCS no concepto da Industria 4.0. coa Dixitalización de Procesos Industriais. Todos estos puntos serán obxecto de debate na última parte da xornada, que comprenderá unha mesa redonda e coloquio. Este contará coa participación de expertos no tema e quendas de preguntas por parte dos asistentes.

Para consultar máis información, premer neste enlace.