Quen somos?
O obxectivo primordial do CGES é converterse na voz única da enxeñería galega diante das Administracións Públicas e da sociedade. A asociación representa máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación a nivel internacional, dispostos e preparados para resolver problemas.
O CGES promove a coordinación entre as diferentes pólas da enxeñería en Galicia, potencia o traballo interdisciplinar e expón as inquedanzas da enxeñería diante de organismos públicos e privados.
Son tamén propósitos destacados da nosa entidade avanzar na prospección da evolución científica e tecnolóxica no noso territorio, prestixiar a enxeñería en Galicia, colaborar con todo tipo de organizacións no desenvolvemento e promoción da enxeñería galega e contribuír ao perfeccionamento das ensinanzas de enxeñería e a formación continua na nosa comunidad autónoma.
Juan José Iglesias Suárez, esquerda, Ramón Bermúdez de Castro, Pedro Calaza Martínez, Ricardo Babío Arcay, Oriol Sarmiento Díez, Juan Picos Martín e Javier Pamiés Durá conformaron a primeira xunta directiva do CGES
Xunta directiva do CGES:
- Presidente: Oriol Sarmiento Díez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
- Vicepresidente: Enrique Urcola Fernández-Miranda, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.
- Secretario: Pedro Calaza Martínez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
- Vicesecretario: Julio Sánchez Agrelo, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
- Tesoureiro: Juan José Iglesias Suárez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas de Galicia.
- Contador: Antonio Murillo Roldán, delegado en Galicia do Colexio de Enxeñeiros ICAI.
- Vogais: José Joaquín de Troya Calatayud, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia; e Verónica Rodríguez Vicente, decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes de Galicia.