O vindeiro venres 12 de Maio terá lugar no Hotel Peregrino de Santiago de Compostela a sexta edición das Xornadas de Enxeñería, Enerxía e Industria (#xeei2017), organizadas polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, membro do Consello Galego de Enxeñerías. Baixo o patrocinio de Iberdrola, a xornada leva por título A transición enerxética: Cara á descarbonización. Nesta sexta ocasión, a XEEI consolídase como o evento divulgativo de referencia no sector da enerxía, cun grande éxito tanto de público como de calidade dos relatorios presentados nas cinco edicións anteriores.
Nesta sexta edición, a XEEI estrutúrase en dúas mesas redondas. Una delas contará con empresas e a outra, con representantes políticos. Nesta última, intervirán membros da Xunta de Galicia e das institucións organizadoras e patrocinadoras na inauguración e clausura.
A inauguración da Xornada terá lugar ás 10:00 e intervirán o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, o delegado de Iberdrola en Galicia, D. Francisco Silva Castaño, e o decano do I.C.O.I.I.G. , D. Oriol Sarmiento Díez.
A mesa empresarial iniciarase ás 10:45, contando coa presenza de representantes da consultora Monitor Deloitte (D. Alberto Amores, enxeñeiro industrial e especialista en cambio climático), do Grupo PSA (D. Ricardo de Lombas, responsable de Vehículo Eléctrico de Citroën-Peugeot en España), Castrosúa (D. Sergio Tarrío, enxeñeiro industrial e responsable de I+D+i nesta empresa) e Iberdrola (D. Luís Gutiérrez, responsable de Smart Solar, solucións solares integrais en Iberdrola).
A mesa cos representantes políticos terá lugar ás 12:30, despois do coffe-break, sendo moderada por D. Marcario Fernández-Alonso, de MC Valnera. Nela intervirán D. Juan Jucal (deputado do Partido Popular e membro da Comisión de Enerxía e Turismo do Congreso), D. Anxo Mato Gradua (portavoz do Partido Socialista na Comisión de Enerxía e Turismo do Senado) e os portavoces de En Marea e BNG na Comisión de Enerxía e Industria do Parlamento de Galicia, D. Francisco Casal e Dna. Noa Presas Bergantiños.
Clausúraa será ás 13:45 intervindo D. Xan Duro, Concelleiro de Mediambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela, D. Anxo Bernardo Tahoces (Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia), D. Alberto Amores (socio da Consultora Monitor Deloitte) e D. Fernando Branco Silva (delegado do Colexio de Enxeñeiros Industriais en Santiago de Compostela).
A continuación, celebrarase unha comida networking cun custo 20 € por persoa (previa inscrición a través do formulario de inscrición). Os asociados da AIIG terán unha subvención do 100% no custo da comida. A asistencia a esta xornada é totalmente gratuíta, previa inscrición a través deste formulario.