O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) colabora no desenvolvemento da Xornada técnica ‘A madeira na obra pública, claves de durabilidade’. A sesión terá lugar na sé do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (Praza da Milagrosa, 2 – baixo, A Coruña) entre as 17.00 e as 20.00 horas. A asistencia é libre e deberase formalizar unha inscrición previa a través deste enlace.
David Lorenzo Fouz, Enxeñeiro de Montes, investigador e consultor do sector forestal, e René Petit Martínez, Enxeñeiro Técnico Forestal e director do departamento técnico da empresa Xylazel, serán os encargado de impartir esta xornada. Os contidos da mesma son os seguintes:
- A madeira e a obra pública
- Patoloxías da madeira
- Clases de uso
- Durabilidade natural da madeira
- Impregnabilidade da madeira
- Solucións para a protección
- Solucións ante as diferentes clases de uso
- Solucións construtivas. Posta en obra
- Conservación das obras públicas
- Exemplos de deseño, construcción e conservación de madeira en obras públicas.
As inscricións para esta xornada técnica deberán formalizarse antes do 20 de marzo de 2017. Todos os asistentes recibirán a documentación técnica aportada por Xylazel e un diploma acreditativo da súa asistencia a esta sesión formativa.