A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza para este mércores 27 de xuño a xornada ‘Oportunidades e retos das redes 5G’. Desenvolverase na Sala de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A xornada está concebida como un foro de debate sobre o marco no que se van despregar as redes 5G, o impacto que terán na sociedade, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

As persoas que desexen inscribirse poden utilizar a ligazón cdtic.xunta.gal/es/oportunidades5g ou o enderezo electrónico cdtic@xunta.gal

Este é o programa da xornada:

INAUGURACIÓN
10:00 Oportunidades e retos das redes 5G. Apertura

  • Mar Pereira. Directora da Amtega
  • Julio Sánchez Agrelo. Presidente da AETG


BLOQUE I. A TECNOLOXÍA 5G
10:20 Que son as redes 5G?
Introdución divulgativa
José Carlos López Ardao, profesor da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.


BLOQUE II. MARCO ESTRATÉXICO ANTE AS 5G
10:40 Plan Nacional 5G Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital

11:00 Galicia ante o reto das 5G
Modera: : Rosa Méndez Calvo. Directora da Área de Sociedade Dixital da Amtega Mesa debate con grandes clientes sobre os ámbitos de aplicación, oportunidades e beneficios esperados do desenvolvemento das redes 5G en Galicia…

  • Antonio Fernandez Barciela, Responsable do Programa Innovación 5G produto en PSA
  • Benigno Rosón Calvo, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia
  • Ana Ulloa Piñeiro, Xefa de Explotación en Autoridade Portuaria de Vigo

 11:30 CAFÉ NETWORKING


BLOQUE III. PERSPECTIVAS DAS 5G
12:00 Que podemos esperar das redes 5G? A visión do operador
Modera: Miguel Rodríguez Quelle. Director xerente de Retegal
Mesa debate dos operadores sobre o papel que desempeñarán as 5G na economía e a sociedade e as perspectivas e problemáticas que ven sobre o seu despregamento (gran capilaridade a través de small cells).

  • Didier Clavero Pérez. Head of Data Core Vodafone
  • Tomás Alonso. Director de de Enxeñería de Produto de Orange
  • Javier Gutiérrez. Director de Estratexia e Desenvolvemento de Rede e Infraestruturas de TI de Telefónica
  • Norberto Ojinaga. Director de Rede de R

13:00 Para que as redes 5G? A visión do fabricante
Modera: Julio Sánchez Agrelo. Presidente da AETG Mesa redonda dos fabricantes que achegarán a súa visión do futuro das redes 5G e as posibilidades de usos.

  • Iván Rejón. Head of Strategy, Gov’t & Industry Relations, Marketing & Communications de Ericsson
  • Fernando Corredor, Head of Marketing & Corporate Affairs in Nokia Spain
  • José Capote, Integrated Solution Sales Manager en Huawei Technologies
  • José Nicolás Domínguez-Staedke. Strategy & Business Development at Colmena


14:00 COMIDA NETWORKING

 

BLOQUE IV. CAPACIDADES TECNOLÓXICAS
15:00 O futuro hoxe: proxectos 5G
Exposición de representantes de entidades con iniciativas específicas de uso das 5G

  • Francisco Sánchez Pons. Director de ITS e Electrónica en CTAG
  • Yudani Riobó. Innovation Manager at Quobis
  • Luis Pérez Freire. Director General de Gradiant
  • Héctor Estévez. Director General de Centum Research & Technology

16:00 CLAUSURA DO ACTO Repaso dos puntos máis relevantes do evento a cargo da AETG e despedida institucional.

  • Mar Pereira. Directora da Amtega
  • Julio Sánchez Agrelo. Presidente da AETG