A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña acolle o próximo 2 de marzo a Xornada de Presentación Instrucción para a recepción de cementos (RC-16) e outros formigóns. Esta actividade, na que colabora o Consello Galego de Enxeñerías, pretende informar sobre a recente aprobación da nova Instrucción para a Recepción de Cementos (RC-16), que substitúe á Instrucción RC-08. Isto supón unha actualización das esixencias administrativas para a posta no mercado dos cementos comercializados no noso país.
O programa da xornada estenderase durante toda a mañá e contará con diversos ponentes. Pódese consultar toda a información no seguinte enlace.
Esta nova instrucción RC-16 recolle as modificacións incorporadas polas novas normas harmonizadas en vigo, así coma a regulamentación existente relativa a aqueles cementos que non dispoñen de normas europeas harmonizadas, todo isto no ámbito da recepción de cementos que se realice nas obras de construcción, nas centrais de fabricación de formigón e nas fábricas de produtos de construción.
Ademais, nesta Xornada exporanse obras tan importantes como o ensanche da Ponte de Rande e dos formigóns do futuro, que xa cobren as necesidades actuais.
A inscripción a esta xornada é gratuita e pódese realizar ao e-mail tecnologia@ieca.es. Para máis información, contactar coa Secretaría do evento, no número 914 014 112.