Seguindo o seu obxectivo de promover formación para os profesionais do sector, o Consello Galego de Enxeñerías (CGES) colabora na Xornada de Desenvolvemento Profesional e Marca Persoal que se desenvolverá o próximo 5 de abril na sé do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (Praza da Milagrosa, 2 – Baixo, A Coruña). A sesión comezará ás 19.00 e finalizará as 20.30 horas. A asistencia é gratuíta, previa inscrición a través deste enlace. Todos os participantes recibirán o correspondente diploma acreditativo da asistencia.
Dirixida a todas aquelas persoas que teñan interese en dar pulo á súa carreira profesional definindo mellor o seu perfil profesional, esta xornada busca concretar ideas e proxectos para plasmalas na realidade. A sesión será impartida por Manuel Rego Vecino, sociólogo especializado no desenvolvemento de persoas e na eficiencia nas organizacións. Socio fundador da empresa WIT (coordinadora desta actividade), adícase á búsqueda de directivo, ao acompañamento de profesionais, a xestión e desenvolvemento das súas carreiras.
Nesta xornada formativa, ofreceranse claves sobre a xestión da carreira profesional, que comeza por descubrir e coñecer mellor cal é o perfil profesional de cada un, cal é o estilo de liderazgo, e aquelo que fai a cada persoa única e diferente. Os asistentes aprenderán, ademais, a definir a súa marca personal e amosaráselles cales son as principais ferramentas para sacarlle partido no mercado laboral.
Finalmente, presentarase o programa CONECTA, posto en marcha por WIT, que está enfocado a axudar ás persoas a relanzar a súa carreira profesional e converterse en candidatos atractivos para os proxectos empresariais. Isto realízase dende a xestión e coñecemento do perfil profesional e persoal de cada un, a xestión da Marca Persoal, a definición dun Mercado Obxectivo, dos principais Proxectos Estrela e da rede de contactos asociadas, así coma a conexión con todos eles.