O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos organiza, en colaboración co Consello Galego de Enxeñerías (CGES), unha xornada gratuíta sobre Bioseguridade e Benestar Animal na Produción Pecuaria e o seu Transporte. A cita terá lugar o próximo 4 de abril de 16.15 a 20.00 horas no edificio de Abanca Obra Social, na Praza de Cervantes (Santiago de Compostela). Para poder asistir a esta sesión, hai que inscribirse a través do correo electrónico coiagal@iies.es antes do 31 de marzo ás 12.00 horas. O aforo é limitado.
Esta xornada ten como obxectivo a formación dos Enxeñeiros Agrónomos e do persoal técnico das diferentes entidades implicadas na Bioseguridade e Benestar Animal en todas as súas fases, dende a produción na granxa ata o seu sacrificio no matadoiro. A sesión tamén pode resultar de interese para os profesionais da enxeñería en xeral.
O programa da Xornada sobre Bioseguridade e Benestar Animal na Produción Pecuaria e o seu Transporte é o seguinte:
16.15 horas. Inauguración e Presentación da Xornada a cargo de Pedro Calaza Martínez, doutor Enxeñeiro Agrónomo e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
16.30 horas. Parámetros do Benestar Animal na Granxa e Transporte. Conferencia de José Luis Puerta Villegas, Xefe de Área en Servizo Territorial de Sanidade e Produción Animal. A Coruña.
17.30 horas. Bioseguridade en explotacións ganadeiras: Responsabilidade do Enxeñeiro Proxectista. Charla a cargo de Jesús Ciria Ciria, doutor Enxeñeiro Agrónomo e Catedrático de Produción Animal.
18.00 horas. Bioseguridade no Transporte de Animais Vivos, que impartirá a Enxeñeira Agrónoma e técnico de ANCOPORC (Asociación Nacional de Comerciantes de Ganado Porcino) e de ANTA (Asociación Nacional de Transportistas de Animais), Natalia Febrel Cancio.
18.30 horas. Normativa, Sancións e Recomendacións da Garda Civil de Tráfico no Transporte de Animais Vivos. Sesión a cargo de Leonardo Procino Toimil, Garda Civil especialista en Transportes do Destacamento da Garda Civil de Tráfico de Lalín (Pontevedra).
19.00 horas. Influencia do Benestar en Granxa e Transporte sobre a Calidade dos Canais, por Javier Besada, Director do Matadoiro Baixo Miño (Pontevedra).
19.30 horas. Coloquio.
20.00 horas. Clausura da Xornada a cargo da doutora Enxeñeiro Agrónomo e presidente da Asociación Nacional de Enxeñeiros Agrónomos (ANIA), Mª Cruz Díaz Álvarez.