Visita guiada á Colección de arte da Fundación María José Jove

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), en colaboración con Mutuactivos, organiza unha visita guiada á colección de arte Fundación María José Jove, que terá lugar o xoves 14 de novembro, ás 19:00 horas. As inscricións están abertas para colexiados/as dos colexios integrantes do CGES e unha persoa acompañante. A visita finalizará cun viño español.

As persoas colexiadas interesadas en participar nesta actividade deberán cubrir o seguinte formulario de inscrición. As plazas son limitadas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

14 + 3 =

CLÁUSULA INFORMATIVA.  En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, informámoslle de que os seus datos de carácter persoal serán incorporados a un ficheiro, titularidade do “Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Demarcación de Galicia” como Responsable do Ficheiro, coa finalidade de poder atender os compromisos derivados da relación que mantemos con vostede como asistente dos cursos, conferencias, charlas e demais eventos organizados polo Colexio. Pode exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, debendo para iso, dirixirse por escrito á seguinte dirección da nosa sede en: Praza da Milagrosa nº 2, Baixo, 15.008 A Coruña achegando fotocopia do seu DNI. Se no prazo de 30 días non nos comunica o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que se compromete a comunicarnos calquera variación e que temos o seu consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes. En calquera caso, o titular dos dereitos resulta informado e consente a conservación dos devanditos datos baixo as debidas condicións de seguridade e segredo profesional, polo período que resulte necesario para a finalidade para a que son solicitados.