A Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos de A Coruña acollerá entre os próximos 20 e 22 de xuño o VII Congreso Trienal da Asociación Científico-Técnica do Formigón Estrutural (ACHE), unha iniciativa na que colabora o Consello Galego de Enxeñerías (CGES). Definido coma un excelente encontro de profesionais e especialistas no eido das estruturas, esta cita conta cun inmellorable nivel técnico, avalado polas anteriores edicións.
Os obxectivos fundamentais desta cita son, por unha banda, dar a coñecer os avances, estudos e realizacións recentemente obtidos no ámbito estrutural (en Edificación e en Enxeñería Civil e Industrial) e, por otra banda, expoñer as principais actividades da asociación ACHE e dos seus membros, amigos e a toda a sociedade, a cuxo servizo se atopa ACHE realizando un labor de difusión técnica sen ánimo de lucro. A situación actual, marcada pola internacionalización e a competitividade, fai imprescindibles a innovación tecnolóxida e o intercambio de experiencias e puntos de vista entre profesionais e investigadores en Edificación e Enxeñería Civil, que o Congreso facilitará mediante coloquios e debates paralelos ás seccións de ponencias.
Entre os temas que se debatirán no VII Congreso Intenracional de ACHE atópanse os seguintes:
- Materiais (base cemento, metálicos, téxtiles, madeira, vidro, cerámicos, polímeros, novas aleacións…)
- Proxecto de cálculo de todo tipo de estruturas
- Tecnoloxía de estruturas
- Estruturas e envolventes arquitectónicas
- Construción de estruturas
- Control e monitorización de estruturas en todas as súas fases (proxecto, execución e uso)
- Durabilidade de estruturas
- Mantemento, reparación e reforzo de estruturas
- Xestión de estruturas
- Historia das estruturas e da enxeñería estrutural
- Enxeñería e sociedade
- Sostenibilidade e ciclo de vida das estruturas
- Innovación e transferencia tecnolóxica entre empresas e centros de investigación
Durante a celebración deste Congreso tamén terá lugar a asamblea anual de ACHE. Para máis información, pódese consultar o tríiptico informativo desta cita preme