A segunda edición Campionato CGES de Golf 2021 celébrase o sábado 18 de setembro no campo de golf de Xaz, en Oleiros.

Poden participar nesta competición integrantes dos oito colexios que conforman o CGES e público en xeral.

Os prezos de participación son de 35 euros para membros do CGES e 60 euros para o público en xeral.

As inscricións deben xestionalas cada Colexio, solicitando os seguintes datos:
– Nome e apelidos
– Teléfono
– E-mail
– Número de licenza

O prazo para anotarse remata o mércores 25 de agosto.