O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) (os oito colexios profesionais galegos de enxeñerías reguladas: Agrónomos, Camiños, ICAI; Industriais, Minas, Montes, Navais e Telecomunicacións) piden á Real Academia Galega de Ciencias que proclame Científico Galego no 2017 a Vicente María Vázquez Quiroga Queipo de Llano (Samos, 1804) pola súa labor coma ilustre científico e enxeñeiro galego que destacou pola súa contribución a ciencia.

A través dunha carta dirixida ao presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos Fernández, o CGES amosa a súa unanimidade nesta petición, destacando a importante labor deste científico galego quen no seu haber foi presidente da Comisión do Mapa Xeolóxico de España e é autor das táboas de logaritmos que estiveron presentes no mundo técnico-científico durante máis de 100 anos, sendo a súa primeira edición no ano 1853, a número 45, publicada no 1974.

Facendo historia

As “Tablas de Logaritmos Vulgares” foi unha obra galardoada na Exposición Universal de París de 1867 e na de Barcelona de 1888, ademais de ser declarada texto polo Consello de Instrución Pública nos centros de ensinanza oficial do noso país.

Co só 22 anos superou unha dura oposición para acceder á Cátedra de Física experimental e Química da Universidade de Valladolid, onde compaxinou dita Cátedra co o exercicio de letrado. No 1829 foi pensionado polo Goberno para que ampliase os seus coñecementos de física e matemáticas na recén creada Escola Central de Artes e Manufacturas de París, que por aquelas datas estaba considera como unha das mellores de Europa. En dita universidade destacou non só pola súa capacidade de aplicación, tamén por descubrir un aparato que servía para medir as distancias inaccesibles e, a medición dunha base sen necesidade de trigonometría.

Durante a súa estancia en París desenvolveu importantes traballos de laboratorio e tamén no gabinete de física. Alí contraeu unha grave enfermidade da que non volveu a recuperar plenamente o sentido da vista e a audición. Elo supúxolle deixar a súa cátedra en Valladolid para desempeñar un cargo en calidade de oficial da Secretaría no Ministerio da Gobernación e, despois o cargo de Fiscal de Facenda na illa de Cuba, onde desenvolveu o seu traballo e permaneceu na mesma ata 1846.

Vicente María Julián Vázquez foi Deputado a Cortes, onde desenrolou intensamente a súa labor, principalmente en cuestións relacionadas coa administración e coa economía moi pouco bollante de que gozaba a Real Facenda. Posteriormente desempeñou durante un trienio o cargo de subsecretario de Gobernación, para logo ser nomeado director xeral de Ultramar, fixando a súa residencia novamente na Habana e sendo ademais Maxistrado Honorario do Supremo Tribunal de Guerra e Mariña e do Maior de Contas do Reino, conselleiro de Instrución Pública, individuo de número de varias sociedades literarias nacionais e estranxeiras…

Foi membro da Real Academia da Historia, corresponsal do Instituto de Francia, presidente da comisión do Mapa Xeolóxico de España, Comisario Rexio do Observatorio Astronómico de Madrid e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.