O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, integrante do Consello Galego de Enxeñerías, organiza un Concurso de Fotografía de Enxeñería Civil, dentro do marco dos IV Encontros de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. O certame estará dotado cun premio de 2.000 euros. O prazo de presentación termina o 10 de xuño de 2018.
As quince obras finalistas serán expostas no Cantón Grande da Coruña entre o 28 de xuño e o 15 de xullo. A fotografía gañadora darase a coñecer durante o acto de inaguración da exposición, o 28 de xuño. O público poderá votar a súa fotografía preferida das 15 expostas no Cantón Grande. A máis votada recibirá o Premio do Público, que será un Diploma acreditativo. Para iso habilitaranse uns códigos QR en cada fotografía impresa.
O xurado estará composto por personalidades especialistas do mundo das artes e da cultura: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago; Manuel Sendón, profesor de fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Xulia Santiso, directora dá Casa-Museo Emilia Pardo Bazán da Coruña. Ademais, o xurado poderá destacar, se o considera oportuno, dúas fotografías cunha Mención de Honra, cuxo galardón consistirá nun Diploma acreditativo.
A temática do concurso consistirá en imaxes de forma integral, parcial ou en detalle de calquera elemento que poida ser considerado dentro do ámbito profesionais da enxeñería civil, realizado por enxeñeiros de camiños. Ditas fotografías poden ser de vías de comunicación, transportes, portos e costas, hidráulica e enerxía, urbanismo, ordenación do territorio e enxeñería da cidade, estruturas e medio ambiente. Ademais, as obras de enxeñería fotografadas deben estar situadas en Galicia. As fotografías podes ser en cor, branco e negro e, mesmo, fotomontaxes. Quedan excluídos colaxes ou técnicas de pintura sobre imaxe. Cada participante pode presentar dúas fotografías como máximo. As obras presentadas deberán estar nun arquivo dixital jpg, con 80 ppp de resolución máxima e un peso máximo de 2 MB.
Máis información: https://www.caminosgalicia.gal/es/noticia/concurso-de-fotografia-ciccp-galicia