O Consello Galego de Enxeñerías vén de sentar as bases para loitar contra o intrusismo profesional no eido da enxeñería. O equipo directivo desta organización mantivo recentemente unha reunión na que se sentaron as bases para loitar de forma coordinada e conxunta contra esta práctica ilegal. Neste encontro expúxose a  necesidade de unificar criterios sobre a obrigatoriedade da colexiación. En base a lei de Colexios Profesionais nesta reclamación farase fincapé na obrigatoriedade de colexiación a todos os titulados que aspiren a exercer a profesión no marco de profesións reguladas. Os colexios velan para que as persoas que desenvolven as suas profesións estén debidamente habilitadas e a partir dos seus códigos deontolóxicos velan porque non haxa abusos de poder.

Segundo os datos consultados, nos últimos anos os niveis de intrusismo laboral no eido da enxeñería eleváronse, en moitos casos por non contar co colexio profesional para certificar a aptitude profesional. E por iso que os enxeñeiros galegos reclamaran ao Executivo autonómico de Galicia medidas que eviten este tipo de prácticas intrusivas, que prexudican á imaxe da profesión e que, incluso, constitúen un perigo de seguridade para a sociedade. O feito de que persoas sen capacidade presten servidos para os que non están formados pode ter consecuencias tráxicas para a cidadanía. Así, o que se pretende é que cando se contrate a un profesional colexiado se garanta a posesión dunha formación e unha acreditación suficiente e acorde aos servimos demandados. Os colexios profesionais erixense, por tanto, como unha garantía de calidad profesional ante a sociedade e para o propio profesional implica a confirmación e acreditación da súa formación e experiencia.