O torneo limítase a 80 xogadores, reservándose dez prazas por colexio integrante do CGES. Os/as interesados/as deberán realizar a preinscrición antes do 23 de maio ás 24.00 horas a través da web www.cges.gal. Pódese acceder directamente ao formulario de preinscrición premendo aquí.
A organización comunicarça a todos os preinscritos a posibilidade de formalizar a inscrición, o venres 25 de maio, a través dun correo electrónico e das páxinas web do CGES e dos distintos colexios membros. Para manter o número de orde para a adxudicación de prazas, os/as preinscritos/as deberá ter realizado o pago polo valor da inscrición antes do martes 29 de maio. Os abonos deberanse realizar nos respectivos colexios.
Segundo o regulamento, que se pode consultar premendo neste enlace, poderán inscribirse nos diferentes torneos os/as colexiados/as que conforman o CGES. Cada colexiado/a poderá inscribir un acompañante. Ademais, cada patrocinador poderán tamén inscribir un xogador. Todos os participantes dos torneos deberán estar en posesión da pertinente licenza federativa.
O importe da inscrición en cada torneo do 2018 será de 45 €, incluíndo o custo da comida. Para os acompañantes que únicamente asistan á comida, o importe será de 25 euros. Se algún xogador ou xogadora non puidera quedar, aplicaráselle só un green fee de 25 euros.
Establécense dúas categorías, tanto para os/as colexiados/as participantes coma para os acompañantes. Cada unha das categorías principais contarán con primeiro e segundo premio, mentras que a de acompañantes terá só un único premio. O Colexio que resulte vencedor de cada torneo levará tamén un trofeo.