O Campionato CGES de Golf 2018 celébrase o sábado 24 de novembro no campo de Meis.

Poden participar nesta competición integrantes dos oito colexios que conforman o CGES e persoas inscritas como acompañantes.

Os prezos de participación son de 25 euros por competir no torneo, 25 euros o xantar e 45 euros as dúas actividades.

Pódese inscribir unha persoa acompañante para xogar ou para xantar por cada colexiado, ata completar as prazas dispoñibles.

Aínda está aberto o prazo para inscribirse.

Este é o formulario para anotarse.