O integrante del Consello Galego de Enxeñerías (CGES), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) vén de convocar a segunda edición dos seus Premios Galicia de Industria. Os galardóns teñen como principal obxectivo promover o desenvolvemento industrial sostible e a compatibilidade das industrias coa conservación do medio ambiente na comunidade autónoma galega.
Os II Premios Galicia de Industria buscan recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no eido da industria, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades. O prazo para presentar as candidaturas para estos galardóns finaliza o próximo 29 de xullo.
Segundo se indica nas bases do certame, poderá ser candidato calquera persoa física ou xurídica, ou calquera entidade que presente a candidatura segundo as bases, ou a proposta de calquera membro do xurado e que cumpla as seguintes condicións:
- Deberase demostrar ao xurado a vinculación e os méritos do candidato na promoción da industria na comunidade galega.
- O candidato debe ter unha vinculación evidente e demostrable con Galicia.
Todas as candidaturas deberán remitirse en formato dixital mediante un correo electrónico ao Decano do ICOIG (colegio@icoiig.es), Oriol Sarmiento, entre os días 4 e 29 de xullo. É necesario recibir confirmación vía correo electrónico por parte do ICOIIG conforme se enviou a candidatura dentro do prazo establecido. No tocante ao formato, cada candidatura deberá constar dunha petición dirixida ao Decano do ICOIIG explicando o proxecto/iniciativa, así coma imaxes ou material audiovisual que axude a unha mellor comprensión da mesma. Deberanse especificar claramente os méritos que se consideren oportunos para optar ao Premio. De xeito opcional, poderase incluír toda aquela documentación que, a xuízo do candidato, resulte de utilidade para acreditar os méritos declarados. A remisión dunha candidatura implica a aceptación das bases de convocatoria dos II Premios Galicia de Industria.
O xurado destos galardóns, presidido polo Decano, Oriol Sarmiento, estará composto por un total de 12 membros do ICOIIG. O seu fallo darase a coñecer o día 28 de setembro ás 12.00 horas. A decisión será inapelable, polo que contra ela non caberá nin recurso nin reclamación de calquera xeito ou natureza.
Os II Premios Galicia de Industria entregaranse na ceremonia denominada ‘A Noite da Enerxía’, que se celebrará, previsiblemente no mes de outubro de 2017.
Consulta aquí as bases dos II_Premios_Galicia_Industria_Bases-CGES.