O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), integrante do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), ten previsto organizar a cuarta edición do Congreso Galego de Xestión Enerxética, que terá lugar os días 8 e 9 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8). Este Congreso concíbese como un punto de encontro técnico, no que os profesionais, empresas e organismos que estean traballando no sector enerxético poidan dar a coñecer as súas iniciativas e presentalas ante un público experto na materia.
A participación no Congreso é de balde, tanto en calidade de poñente como de congresista, previa comunicación á dirección xenergal2017@icoiig.es. Neste enlace pódense descargar as Bases para a presentación das comunicacións, cuxo prazo de entrega finaliza o próximo 31 de xullo.