A formalización da matrícula poderase realizar a través deste enlace. Para os colexiados do CGES os prezos especiais da asistencia presencial, que inclúe o almorzo, é de 95 euros (sendo o prezo estándar de 120 €), mentras que a asistencia en streaming está fixada en 30 € (45 euros para o resto).
Os principais obxectivos deste I Foro Internacional sobre Transformación Dixital é facer accesible o seu contido a empresas e profesionais de todo o mundo. Por iso, todas as conferencias se retransmitirán online para todos aqueles que non poidan asistir presencialmente. Ademais, a través da Rede Social Corporativa, poderanse realizar preguntas aos relatores. A isto sumarase un sistema de avaliación dinámico do foro a través de CAARDS. Unha vez concluída esta cita, os empresarios e profesionais de todo o mundo quedarán conectados a través desta tecnoloxía para realizaren intercambios comerciais dun xeito rápido e dinánimo, sen necesidade de ter que se desprazar a outros puntos.
O programa deste I Foro Internacional sobre Transformación Dixital, que se desenvolverá no Salón Social do Clube Financieiro Atlántico (CFA), é o seguinte:
- 08.30-09.00 h: Rexistro & Coffee.
- 09.00-09.15 h: Presentación do presidente do CFA, Mariano Gómez Ulla.
- 09.15-09.30 h: Benvida por Cristina Gullón Valdivieso, Comunicación Real Madrid TV.
- 09.30-10.00 h: Conferencia do expiloto de Fórmula 1 Pedro Martínez de la Rosa, ‘A importancia do equipo nun mundo tecnolóxicamente eficiente: A telemetría’.
- 10.00-10.05 h: Presentación da xornalista Consuelo Bautista, directora de Cadena SER Coruña, da seguinte ponencia.
- 10.05-10.30 h: Charla de Silvia Leal, experta en transformación dixital, ‘O mundo tecnolóxico que ven’.
- 11.00-11.05 h: Presentación do subdirector de informativos de CRTVG, José Manuel Maseda, das seguintes ponencias.
- 11.05-11.30 h: Ponencia de Adolfo Fernández, Business Development Manager Spain & Portugal at Google, ‘Transformación dixital: Supervivencia, necesidade ou entelequia’.
- 11.30-12.00 h: Intervención do director asociado de Altia, Alberto Loureiro, coa súa charla ‘Un proceso de transformación dixital na práctica’.
- 12.00-12.30 h: Charla do director xeral do CESGA, Javier García Toribio, ‘CESGA: O centro de supercomputación de Galicia’.
- 12.30-13.30 h: Coffee Break.
- 13.30-14.30 h: Debate sobre ‘O papel dos clubes na sociedade e a importancia da transformación dixital’. Participan o presidente da iniciativa Data Economy, Emilio del Prado; a subdirectora xeral de Econet España, Graciela Garrido; o fundador e CEO de Improving Metrics, Jesús Echarri Maceiras; a responsable de Marketing en BySidecar, Judit Cabana; o presidente de Spanish Business Council, Miguel Silva-Constenla, e o socio fundador da Escola de Finanzas, Venancio Salcines.
- 14.30 horas: Entrega do testigo ao Clube organizador do II Foro Dixital Internacional polo Director do IGAPE, Juan Cividanes.
- 14.45 horas: Clausura do Foro polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.