O salón de actos de Exponav (Ferrol) acollerá a presentación do libro editado polo Fondo Editorial de Ingeniería Naval (FEIN) titulado “Embajada inacabada de Jorge Juan en Marruecos”, obra de José María Sánchez Carrión, que tamén ofrecerá a conferencia “Orixe dos enxeñeiros de mariña”. Un acto organizado polo COIN, cuxa Delegación de Galicia é integrante do CGES, e que terá lugar o mércores 24 de xaneiro, ás 18.30 horas. Entrada libre ata completar aforo.

O libro é unha “cronoloxía dos antecedentes, historia, anécdotas e das súas secuelas que aínda perdura”, según explica Sánchez Carrión, doutor enxeñeiro naval, quen estará acompañado por José María Cardona Comellas (CN Exeñeiro e director xerente de Exponav), Juan Antonio Granados (doutor en Historia, escritor e historiador) e José Joaquín Troya Calatayud (CF-Enxeñeiro, doutor enxeñeiro naval e decano territorial en Galicia do COIN). O libro, que recolle unha faceta pouco coñecida de Jorge Juan, pode adquirirse na web do Colegio Oficial de Ingenieros Navales.