Máis de medio cento de persoas acudiron o pasado 4 de abril á Xornada técnica sobre Bioseguridade e Benestar Animal na Produción Agropecuaria e o seu Transporte. A cita, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia (COIAG) e a Asociación Nacional de Ingenieros Agrónomos, en colaboración co Consello Galego de Enxeñerías (CGES), resultou un éxito de convocatoria. Entre os asistentes atopábanse profesionais de moi diversos sectores relacionados coa bioseguridade e benestar animal: membros de asociacións de gandeiros e transportistas, enxeñeiros agrónomos colexiados, formadores en dichas materias ou alumnos destas especialidades.
A presentación desta xornada técnica, que se desenvolveu nas instalacións de Obra Social de Abanca, na praza de Cervantes de Santiago de Compostela, correu a cargo do decano do COIAG, Pedro Calaza Martínez, e do xefe de Área do Servizo Territorial de Sanidade Animal de A Coruña, José Luis Puerta Villegas. Este último, tamén licenciado en veterinaria, medicina e sanidade animal, falou na súa exposición sobre os parámetros de Benestar Animal en Granxa e o seu Transporte, centrándose no gando bovino.
A continuación, o doutor Enxeñeiro Agrónomo, catedrático de Produción Animal e consultor e asesor de explotacións avícolas, Jesús Ciria Ciria, falou sobre a Bioseguridade en explotacións avícolas. Resaltou a influencia e responsabilidade que teñen os Enxeñeiros proxectistas neste ámbito, xa que o deseño e a boa execución das granxas vai condicionar o manexo e a súa explotación durante a súa vida útil.
Pola súa banda, Natalia Febrel Cancio, Enxeñeiro Agrónomo, Técnico de ANCOPORC (Asociación Nacional de Comerciantes de Ganado Porcino) e de ANTA (Asociación Nacional de Transportistas de Animales), tratou a importancia da Bioseguridade para evitar a transmisión de enfermidades no transporte de animais vivos. Posteriormente, o Garda Civil especialista en Transportes do Destacamento da Garda Civil de Tráfico de Lalín, Leandro Procino Toimil. Este profesional detallou a normativa que afecta ao transporte referida a varias especies, as sancións máis habituais e as recomendacións da Garda Civil de Tráfico con respecto ao Transporte de Animais Vivos.
Pechou a xornada técnica Javier Besada, director do Matadoiro Baixo Miño (Pontevedra), quen salientou na súa exposición a importancia e a influencia do benestar na granxa e o transporte sobre a calidade das canles. Finalmente, houbo un intenso coloquio no que participaron todos os ponentes que ofreceron aclaracións ás dúbidas plantexadas polos asistentes ao respecto da temática tratada nesta sesión.