O decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos en Galicia, Enrique Urcola Fernández-Miranda, é o novo presidente do Consello Galego de Enxeñerías (CGES). Acaba de ser elixido nunha Asemblea Extraordinaria da entidade, celebrada na Coruña.
Enrique Urcola recolle a testemuña de Oriol Sarmiento, decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, co obxectivo de “potenciar o traballo interdisciplinar, buscar sinerxias entre as diferentes ramas de enxeñería en Galicia”. Precisamente, o novo presidente do CGES cree que nos atopamos ante un momento fundamental para a enxeñería “polo seu rol fundamental na transformación dixital na que vivimos nos últimos anos.”
A nova directiva do CGES:
Presidente: Enrique Urcola Fernández-Miranda, decano de la Demarcación en Galicia do Colexio de Ingenieros de Camiños, Canais e Portos.
Vicepresidente: Julio Sánchez Agrelo, decano da Demarcación de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións.
Secretario: Pedro Calaza Martínez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
Vicesecretario: Francisco Pérez Rivas, decano do Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
Tesoureiro: Juan José Iglesias Suárez, decano delegado do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste.
Contador: Antonio Murillo Roldán, delegado territorial de Galicia do Colexio de Enxeñeiros do ICAI.
Vocal: Jorge Dahl de Sobrino, decano da Delegación Territorial de Galicia do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos.
Vocal: Verónica Rodríguez Vicente, decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes en Galicia.
O Consello Galego de Enxeñerías naceu co principal obxectivo de ser a voz das diferentes pólas da enxeñería en Galicia, potenciando o traballo interdisciplinar e expoñendo as inquedanzas do sector ante os organismos públicos e privados. Esta entidade representa máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación a nivel internacional.
Agradecementos
O novo responsable do CGES agradeceu o labor de Oriol Sarmiento, decano do Colexio de Enxeñeiros de Industriais de Galicia, como antecesor no posto. Urcola Fernández-Miranda agradeceu a Sarmiento “a súa labor durante os últimos anos, destacando o informe elaborado pola entidade con 107 medidas para o desenvolvemento galego dende a enxeñería”.
Dentro deste espírito colaborativo coa sociedade presentaba ante o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, un documento con 107 medidas para o desenvolvemento de Galicia, agrupadas en 20 áreas temáticas. Trátase dun compendio de medidas e oportunidades para transformar Galicia dende a enxeñería, moitas delas xa postas en marcha. Cabe destacar algúns elementos de competitividade e desenvolvemento para Galicia: I+D+i, TIC, Industria 4.0, enerxías limpas, construción sostible, industria do auga, minería sostible, naval…
Tamén formou parte deste traballo o ex decano de la Delegación Territorial de Galicia del Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, José de Troya Calatayud. Precisamente pola súa gran aportación na Xunta Directiva saínte, fíxoselle unha merecida homenaxe durante a celebración desta Asemblea.