O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) vén de conseguir unha promoción especial para os seus membros. Trátase duns vales desconto cos que os socios poderán obter unha rebaixa dun 15% nas súas compras no centro comercial Coruña The Style Outlets. Dito centro está localizado na Avenida de Alvedro, 5 (Culleredo, A Coruña). Poderanse canxear estes vales, que se poderán imprimir tantas veces como queiran, ata o próximo 1 de abril.
Para poder gozar destes descontos só hai que imprimir o vale que se pode ver na imaxe adxunta e presentalo nos estabelecementos deste centro comercial. Son máis de 50 marcas de moda, deporte, beleza e fogar as que se inclúen nesta promoción especial dirixida exclusivamente aos membros do CGES. Deste xeito, pretende ofrecerse un plus a todos aqueles membros do sector da enxeñería galega e aos seus achegados por formar parte desta entidade, que representa a máis de 5.000 profesionais da comunidade.
Coruña The Style Outlets representa un novo estilo de outlet, un centro concebido como un espazo de compra único cun ambiente agradable onde relaxarse. Ademais, destaca pola súa capacidade para ofrecer unha auténtica alternativa de merca sinxela e intelixente.
Este centro conta cunha atractiva oferta de primeiras marcas, algunhas exclusivas da rexión, con descontos mínimos dun 30% durante todo o ano. Nalgúns casos, os descontos poden chegar até o 80%. Así mesmo, este centro completa a súa oferta cun servizo de Personal Shopper gratuíto e unha Xogoteca onde se ofertan actividades para os máis cativos. Este centro comercial tamén dispón de diversos servizos de restauración, áreas de lecer, WiFi lounge, zonas chill out, terrazas, ou sala de lactancia, entre outras, que contribuirán a complementar unha experiencia de compra única.
E a todo isto cómpre engadir a promoción especial dirixida aos membros do Consello Galego de Enxeñerías. A gozar das compras en Coruña The Style Outlets!