O integrante do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) colabora coa posta en marcha dun curso de Introdución á Ciberseguridade. Trátase dunha acción formativa de modalidade presencial organizada pola Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo entre os meses de xuño e xullo. A inscrición custa 75 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa por este mesmo importe. Máis información neste enlace.
Os diferentes módulos formativos deste curso serán impartidos por expertos na materia. Así, o programa está desglosado nos seguintes puntos:
- Introdución á Ciberseguridade, por Alberto Díaz Freire, product manager en R Cable e Telecomunicaciones Galicia.
- Goberno da Seguridade da Información, por Iago Fortes Carames, propietario de Inprosec.
- Arquitectura da Seguridade, por José Ramón García de Searez, xefe de equipo de servicio de seguridade en DimensionData.
- Tecnoloxías para a Seguridade, por José Ramón García de Searez.
- Securizando Redes e Sistemas, por Eduardo Díaz Comellas, dono de Ultreia.
- Auditando a Seguridade, por Andrés Tarasco, director de Tarlogic Security S.L.
- Xestión de Incidentes, por Javier Berciano, do Instituto Nacional de Ciberseguridade do Ministerio de Industria
- Desenvolvemento Seguro de Software, por Carlos Manchado Martín, xerente de Risk Advisory IT & Ciber Risk Services e Deloitte.
- Aspectos Legais Relacionados coa Ciberseguridade en España, por Susana Rey, responsable de Seguridade en R e Telecomunicaciones S.A.
- Un Caso Práctico. A Xestión da Seguridade na Axencia Tributaria, por Alberto Zapico Alonso, na Agencia Estatal de Administración Tributaria.
- O Futuro xa está aquí, por Álvaro del Hoyo, Security Consulting & Business Development en Accenture.
O curso de Introdución á Ciberseguridade impartirase na aula T110 da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo (no campus de Vigo). As sesións terán lugar os días 1,2, 8,9, 15,16, 22,23 de xuño, e 13,14 e 20 de xullo (xoves e venres) de 16.00 a 20.00 horas. O período de matrícula conclúe o día 1 de xuño ás 14.00 horas.