O Consello Galego de Enxeñerías vén de crear o Campionato CGES de Golf. Dita cita deportiva terá carácter anual e contará con catro fases diferentes, que se desenvolverán dentro da comunidade autónoma galega, non coincidindo máis de dous torneos na mesma provincia. As inscripcións para a primeiro torneo, que terá lugar en Miño o 17 de xuño, deberán realizarse a través deste enlace ou deste outro link.

Este Campionato está aberto aos colexiados e colexiadas dos oito membros do CGES. O campionato está limitado a 80 xogadores, reservándose 10 prazas para cada un dos Colexios de Enxeñeiros membros do CGES.

O primeiro dos torneos terá lugar o próximo 17 de xuño no Campo de Golf de Miño. Tal e como se detalla no regulamento do Campionato CGES de golf, os colexiados e colexiadas interesados/as poderán inscribirse, puidendo inscribir tamén a un acompañante, además de contaren coa pertinente licenza federativa en vigor. Finalizado o prazo de preinscrición, a reserva de praza para esta actividad deberá realizarse en cada un dos oito Colexios membros do CGES, ou través dos enlaces de arriba. O prezo da inscrición a este torneo é de 50 euros e inclúe a comida. Para os acompañantes que únicamente asistan ao almorzo, o importe ascenderá a 25 euros. Se o/a xogador/a non puidese quedar a comer, aplicaríaselle só un green fee de 25 euros.

A adxudicación de prazas realizarase tomando como base as listas de colexiados por cada colexio membro do CGES. A orde de participantes determinarase poñendo primeiro aos que realizaron a preinscrición e pagaron a cota como máximo o 02/06/2017, segundo a orde de chegada do boletín de preinscrición. A continuación, os inscritos, segundo a orde de chegada do resgardo de pago á conta do CGES. A continuación, sortearase un número do 1 ao 8, para determinar o colexio polo que comezarán a adxudicarse as prazas libres, segundo a seguinte asignación:

  1. Agrónomos
  2. Camiños, Canles e Portos
  3. ICAI
  4. Industriais
  5. Minas
  6. Montes
  7. Navais e Oceánicos
  8. Telecomunicación

Comezando polo colexio que resultase primeiro no sorteo anterior, adxudicarase a primeira praza libre colexiado número 1 da lista dese colexio. Despois, adxudicarase a seguinte praza libre ao colexiado número 1 da lista do seguinte colexio. Ao chegar ao colexiado 1 do último colexio, volverá empezarse o proceso co colexiado número 2 do primeiro colexio, e así sucesivamente. Cando nun colexio non queden colexiados sen praza ao chegar a súa quenda, saltarase a lista do colexio seguinte. Seguirase así ata adxudicar todas as prazas ou ata que non queden colexiados sen xogar. A continuación, se quedaron prazas libres, adxudicaranse as prazas aos acompañantes e patrocinadores. Seguirase o mesmo procedemento anterior, comezando polo mesmo colexio.
A información técnica e regras locais dos campos difundiranse a través da web do CGES.

Os/As interesados/as en participar neste torneo poden consultar aquí o RegulamentoCampionatoCGESGolf. Dende o CGES agardan que esta cita deportiva sirva para fomentar a convivencia entre os enxeñeiros galegos de distintas especialidades. A traves desta iniciativa tamén pretenden propiciar un punto de encontro entre os profesionais do sector nun ambiente distendido.