O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) colabora na posta en marcha da Xornada sobre Propulsión de Buques. As solucións de Schottel. Trátase dunha acción formativa organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais de Galicia (COIN), membro do CGES, que se desenvolverá o próximo 27 de febreiro de 2018 nas instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia (Rúa García Barbón, 62-Vigo).
Dado que o aforo para esta actividade é limitado, os/as profesionais interesados/as en asistir a esta xornada deberán realizar unha inscrición previa. Esta deberá formalizarse enviando un correo electrónico antes do 23 de febreiro a galicia@ingenierosnavales.com.
O programa para a mesma é o seguinte:
11.00 horas: Benvida
11.05 horas: Presentación Schottel
12.20 horas: Coloquio
12.40 horas: Aperitivo networking