O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) colabora na posta en marcha das Xornadas Enxeñería 4.0 que se desarrollarán neste mes de abril en Ferrol, A Coruña e Vigo. Organizada polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais en colaboración tamén con AGEINCO e o IGAPE, estas xornadas pretenden ofrecer unha visión sobre o sector da enxeñería adaptada ás últimas novidades tecnolóxicas.
A primeira das sesións desenvolverase o martes 25 de abril ás 16.30 horas na Escola Politécnica Superior de Ferrol. A apertura destas Xornadas correrá a cargo do decano do ICOIIG, colexio profesional membro do CGES, Oriol Sarmiento Díez, e polo Director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penero Rey.
Ao día seguinte, o 26 de abril, terán lugar outras dúas xornadas, unha delas ás 09.30 horas na delegación da Escola Politécnica Superior de A Coruña e a última, ás 18.00 horas na de Vigo. A asistencia a esta actividade é de carácter gratuito, previa inscrición a través deste formulario.
As temáticas que se presentarán nestas Xornadas Enxeñería 4.0 están relacionadas coa experiencia de diferentes empresas destacadas do sector. O programa de charlas e os seus ponentes é o seguinte:
- Requisitos e retos do Internet Industrial (IIoT), Yon Asensio Roy, Responsable de Zona Norte – National Instruments Spain.
- Cyberseguridade Industrial, Aitor Lejarzegui, Responsable de Cyberseguridade Industrial en INYCOM
- Fabricación aditiva. Impresión 3D, Peter Schwiedop, Responsable de desenvolvemento de negocio en LUPEON.
- Robótica colaborativa, Óscar Rodríguez, da firma LEDISSON.
- Ciencia de datos e Industria 4.0, Andrés Gómez, Applications & Projects Manager en Fundación Cesga.
- Simulación Industrial. Sim4Lean, Daniel Prieto, CEO de SOLTEC Enxeñeiros.
- A realidade virtual e a realidade aumentada como ferramentas de apoio á Fábrica 4.0, José L. de Nicolás Sánchez, Técnico de RV en CIS Galicia. (só en Ferrol e A Coruña).
- O papel da Enxeñería Industrial na Industria 4.0, José Manuel Castro, Enxeñeiro Industrial (só na xornada de Vigo).