O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) colabora na posta en marcha do Curso ‘Cumprimento do HE-1 e HE-0 e Certificación Enerxética para Obra Nova, mediante a Ferramenta HULC’, organizado polo Colexio de Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia (COIAG). Esta acción formativa desenvolverase de xeito presencial en dúas xornadas os días 22 e 29 de setembro (en horario de 09.30 a 19.00 horas), acumulando un total de 15 horas lectivas. As leccións impartiranse no Grupo ABN (Estrada de Baños de Arteixo, 28, 15008) en A Coruña. As prazas están limitadas a 25 persoas.
O prazo de inscrición, que se pode realizar a través deste enlace, para este curso finaliza o día 21 de setembro. A matrícula ten un custo reducido para Colexiados do COIAG/CGES e para alumnos do Máster de Enxeñería Agronómica (100 €), mentras que para Arquitectos colexiados é de 125 € e para o resto de alumnos, de 180 €.
Os ponentes que participarán nesta acción formativa son os Arquitectos, Especialistas en Instalacións e Formadores habilitados polo INEGA, Juan Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale. O programa deste curso contempla seguirá estas liñas:
- Introdución á Eficiencia Enerxética
- Documento CTE-DB-HE
- Ferramenta HULC
- Tramitación Administrativa
- Práctica Tutelada
- Cuestionario Resumo
Durante as dúas xornadas lectivas trataranse cuestións coma as seguintes:
- Como considerar os tres puntos fundamentais do HE-1: aillamento, pontes térmicos e infiltracións
- O HE-0: Caldeiras, Bombas de Calor, criterios de elección en función do edificio e do confort perseguido
- Aplicación do HE-1 e HE-0 en Ampliacións, Reformas, Rehabilacións
- Tramitación da obra dende 2007 a 2016 cos seus cambios normativos
- Cando é esixible o Certificado e cando hai que renovalo? Obra nova, ampliación, aluguer
- Aclaración do Uso Industrial ou Taller e a súa relación coa definición de Espazo Habitable e Espazo NON Habitable. R.D. actualmente en revisión.
Ademais, os alumnos deste curso terán durante os dous meses seguintes un servizo de tutoría e asesoramento atendido polos profesores onde poderán plantexar dúbidas relacionadas coa aplicación a supostos reais, dos coñecementos adquiridos.
Os alumnos deberán dispor do seu ordenador portátil coas características que se detallan no formulario.