Campionato CGES de Golf

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES) pon en marcha, un ano máis, o seu Campionato CGES de Golf. Dirixida a todos/as os/as colexiados/as dos oito colexios membros, esta actividade desenvolverase o próximo 2 de xuño no Campo de Golf de Miño.

O torneo limítase a 80 xogadores, reservándose dez prazas por colexio integrante do CGES. Os/as interesados/as deberán realizar a preinscrición antes do 23 de maio ás 24.00 horas a través da web www.cges.gal. Pódese acceder directamente ao formulario de preinscrición premendo aquí.

A organización comunicará a todos os preinscritos a posibilidade de formalizar a inscrición, o venres 25 de maio, a través dun correo electrónico e das páxinas web do CGES e dos distintos colexios membros. Para manter o número de orde para a adxudicación de prazas, os/as preinscritos/as deberá ter realizado o pago polo valor da inscrición antes do martes 29 de maio. Os abonos deberanse realizar nos respectivos colexios.

Segundo o regulamento, que se pode consultar premendo neste enlace, poderán inscribirse nos diferentes torneos os/as colexiados/as que conforman o CGES. Cada colexiado/a poderá inscribir un acompañante. Ademais, cada patrocinador poderán tamén inscribir un xogador. Todos os participantes dos torneos deberán estar en posesión da pertinente licenza federativa.

O importe da inscrición en cada torneo do 2018 será de 45 €, incluíndo o custo da comida. Para os acompañantes que únicamente asistan á comida, o importe será de 25 euros. Se algún xogador ou xogadora non puidera quedar, aplicaráselle só un green fee de 25 euros.

Establécense dúas categorías, tanto para os/as colexiados/as participantes coma para os acompañantes. Cada unha das categorías principais contarán con primeiro e segundo premio, mentras que a de acompañantes terá só un único premio. O Colexio que resulte vencedor de cada torneo levará tamén un trofeo.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Levará acompañante?

CLÁUSULA INFORMATIVA.  En cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, informámoslle de que os seus datos de carácter persoal serán incorporados a un ficheiro, titularidade do “Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Demarcación de Galicia” como Responsable do Ficheiro, coa finalidade de poder atender os compromisos derivados da relación que mantemos con vostede como asistente dos cursos, conferencias, charlas e demais eventos organizados polo Colexio. Pode exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, debendo para iso, dirixirse por escrito á seguinte dirección da nosa sede en: Praza da Milagrosa nº 2, Baixo, 15.008 A Coruña achegando fotocopia do seu DNI. Se no prazo de 30 días non nos comunica o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que se compromete a comunicarnos calquera variación e que temos o seu consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes. En calquera caso, o titular dos dereitos resulta informado e consente a conservación dos devanditos datos baixo as debidas condicións de seguridade e segredo profesional, polo período que resulte necesario para a finalidade para a que son solicitados.