O enxeñeiro de camiños, canles e portos Mario Aymerich Fabregat, que foi director do Departamento de Proxectos e asesor do Director Xeral do Banco Europeo de Inversións (BEI) ata o ano 2018, protagonizou na Coruña unha xornada sobre bancos e financiación de grandes proxectos, organizada polo Consello Galego de Enxeñerías (CGES) en colaboración co Grupo de Métodos Numéricos en Ingeniería (GMNI) da Universidade da Coruña.
O presidente do CGES, Enrique Urcola Fernández-Miranda, agradeceu a Fermín Navarrina Martínez, catedrático na ETS de Enxeñeiros de Camiños da UdC, por facilitar a realización dunha conferencia “na que poidamos desfrutar deste tipo de información sobre inversións en grandes proxectos e ver como e por que grandes institucións como o BEI invisten nunha infraestrutura ou nunha actividade industrial en concreto”.
Fondos dispoñibles
Mario Aymerich Fabregat explicou que “con motivo del Covid, se sacaron otros 750.000 millones de euros, que son los que conocemos como fondos Next Generation”, pero que os fondos ordinarios europeos para o período 2021-2027 ascenden a 1.070.000 millóns de euros e que é importante que os enxeñeiros coñezan “cómo se evalúan los proyectos, para decidir si es posible obterner o no financiación para cada proyecto”.
Neste sentido, Aymerich Fabregat destacou o chamou “los tres pilares o requisitos básicos” para poder optar a unha achega do Banco Europeo de Inversións: “eligibilidad o hasta qué punto el proyecto puede ser financiado; factibilidad técnica y económica; y viabilidad y estructura financiera, riesgos y garantías”. Así mesmo, salientou que “el impacto ambiental y el impacto social del proyecto son dos grandes preocupaciones en el banco, a los que en los últimos años se ha unido si es una actuación beneficiosa o no en la lucha contra el cambio climático”.
Porto exterior
Na quenda de preguntas, Mario Aymerich foi preguntado pola situación do porto exterior de Punta Langosteira e sobre se podería ser factible un novo préstamo. “Lo analicé yo y lo conozco bastante bien”, admitiu Aymerich Fabregat, quen apuntou que non é habitual que o BEI dea un segundo préstamo, “aunque a veces ocurre, como con la línea 9 del metro de Barcelona, que tuvo hasta tres préstamos”. De todos modos, insistiu en que “es cuestión de realizar el proyecto. Es posible que tenga dificultades, pero el Banco no se opone a renegociar un proyecto”.
Finalmente, sobre o porto exterior de Punta Langosteira, asegurou que “todos los grandes proyectos tienen riesgos y se intentan evitar sobrecostes pero, por desgracia, sigue habiéndolos”.
Mario Aymerich Fabregat é enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos con estudos de postgrao polas Universidades Politécnicas de Madrid e Cataluña. High Performance Leadership Programme por IMD Lausanne. Traballou no Concello de Barcelona entre 1983 e 1989. En 1999 entrou no Banco Europeo de Inversións, onde dirixiu o Departamento de Proxectos e asesorou á Dirección Xeral ata o ano 2018. Durante a súa estancia no BEI traballou en equipos multidisciplinares involucrados na avaliación e seguimento de operacións de préstamo relacionadas con proxectos de infraestruturas a gran escala, especialmente nos sectores de transporte e desenvolvemento urbano/rexional. Xubilado na actualidade, é autor de máis de 50 artigos, unhas 150 comunicacións e coautor de 6 libros técnicos. Recentemente publicou o libro “Avaliación técnica para financiación de proxectos”.