A sé da Fundación Paideia acollerá mañá as xornadas A infraestrutura verde como estratexia de planificación do territorio. Unha actividade formativa orgainzada pola Cátedra EMALCSA-UDC en colaboración coa Agrupación CITEEC e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia (COIAG), integrado este último no Consello Galego de Enxeñerías (CGES).
Para asistir a estas xornadas deberase formalizar a inscrición premendo neste enlace. Aforo limitado. A matrícula é gratuíta no caso dos estudantes e de 50 € para o resto. Para máis información, pódese remitir un e-mail a secretaria@catedraemalcsa.com.
As xornadas estenderanse entre as 10.00 e as 15.15 horas. O programa de actividades é o seguinte:
- 10.00-10.15 horas: Presentación (Jaime Castiñeira, Director xeral de EMALCSA, e Salvador Naya (Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC).
- 10.15-11.00 horas: ‘A infraestrutura verde en Europa. Experiencias e enfoque multiescalar’. Relator: Pedro Calaza, Decano do COIAG. Ponente: Fabio Salbitano, Profesor Dr. en Ecoloxía da Paisaxe da Universidade de Florencia.
- 11.00-11.45 horas: ‘A infraestrutura verde: elemento vertebrador das cidades sostibles’. Relator: Joaquín Suárez, Director da Cátedra EMALCSA-UDC. Ponente: Pedro Calaza, Decano do COIAG e Doutor Enxeñeiro Agrónomo e Doutor en Arquitectura da Paisaxe.
- 11.45-12.30 horas: ‘Situación da infraestrutura verde nos municipios españois’. Relator: Pedro Calaza, Decano COIAG. Ponente: Eduardo Peña, Secretario da rede de biodiversidade. FEMP.
- 12.30-13.00 horas: Pausa-Café.
- 13.00-13.45 horas: ‘Identificación e cuantificación de servizos ecosistémicos. Aplicabilidade á IV’. Relator: Joaquín Suárez, Director da Cátedra EMALCSA-UDC, Joaquín Suárez. Ponente: Inés Santé, Dra. Enxeñeira Agrónomo e Profesora da Escola Politécnica Superior-USC.
- 13.45-14.30 horas: ‘A auga como factor clave de desenvolvemento: a Infraestrutura verde-Azul’. Relator: Joaquín Suárez, Director da Cátedra EMALCSA-UDC. Ponente: Jerónimo Puertas, Doutor Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Catedrático de Hidráulica da UDC.
- 14.30-15.00 horas: Mesa de opinión con enquisa activa (Survey). Ricardo Vázquez, Director de I+D+i EMALCSA.
- 15.00-15.15 horas. Fin de acto. Concello da Coruña.
Neste arquivo pódese consultar a información completa sobre estas xornadas.