A Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), membro do Consello Galego de Enxeñerías (CGES), convocan o Concurso de Fotografía O Enxeñeiro Industrial na Sociedade co obxectivo de promover a participación dos colexiados/asociados e do público en xeral nas actividades culturais e de comunicación do colexio.
A presentación das fotografías participantes dará comezo o día 10 de Abril de 2017 e concluirá o 17 de Maio ambos inclusive. Haberá distintos períodos de votación para elixir aos premiados segundo as distintas fases do concurso. O concurso convócase baixo a modalidade concurso de méritos, no que as tres fotografas de maior puntuación terán un premio.
Tamén existen tres premios extraordinarios de mención honorífica á mellor foto de colexiado activo, mellor foto colexiado xubilado e mellor foto estudante de enxeñería industrial.
A temática do concurso é a Enxeñería Industrial na sociedade. Baixo este epígrafe englóbanse todas aquelas imaxes que representen a enxeñería industrial, a súa estética, o seu espírito e a súa importancia na nosa sociedade. Desde o ICOIIG anímase a todos os colexiados a que participen nesta convocatoria.
Máis información en: https://concursofotografia.icoiig.es/